CRTVG

Buscar

Retómase a comisión de investigación sobre o accidente ferroviario de Angrois

Publicado o 21/01/2019 20:34

Hoxe retomouse no Congreso a comisión de investigación sobre o accidente do tren Alvia en Angrois, con cinco comparecencias. Entre elas, a do ex-ministro de Xustiza Rafael Catalá, que era secretario de Infraestruturas cando foi o accidente. Asegurou que nese momento o tren non circulaba cos estándares de alta velocidade.

Catalá di que o ministerio que dirixía Ana Pastor se entregou dende o primeiro momento a atender as vítimas e que sempre respectaron a investigación. Nega que responsabilizaran o maquinista do accidente.

Tamén compareceu o que era subsecretario de Fomento no momento do sinistro, que defendeu a independencia da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios.

E o presidente de Renfe entre 2009 e 2012 di que non o informaron do aviso sobre a perigosidade da curva e responsabilizou o ADIF da seguride da liña.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/01/2019