CRTVG

Buscar

Retoman a actividade os 1.500 mariscadores de Noia

Publicado o 01/10/2020 16:27

A ría de Muros e Noia volve estar aberta ao marisqueo de berberechos e ameixas. Despois da suspensión da actividade o luns pasado por mor da toxina lipofílica, as análises do Intecmar e as propias da confraría confirmaron a mellora na situación e os 1.500 mariscadores da zona poden xa volver traballar, malia que se van seguir facendo controis diarios dos niveis de toxina.

 

Noticias web

01/10/2020