CRTVG

Buscar

Retíranlle unha multa porque Tráfico non puido identificar quen ía ao volante

Publicado o 07/02/2020 15:23

Unha recente sentenza dun xulgado madrileño dálle a razón a un condutor que, logo de ser multado por exceso de velocidade, se negou a identificar a persoa que ía ao volante. A sentenza xudicial di que Tráfico non pode multar nin retirar puntos se non sabe quen conduce o coche.

Na rúa, a decisión xudicial é acollida con gusto. Tamén hai quen se amosa máis escéptico e dubida de cómo poderá levarse isto á práctica.

A sentenza por si mesma non senta xurisprudencia ata que non sexa ratificada por un tribunal superior ou ata que outro xulgado do mesmo rango dite outra na mesma dirección. A pesar disto, os expertos din que a sentenza xudicial si abre unha porta a un cambio normativo.

Noticias web

07/02/2020