CRTVG

Buscar

Retiran unha granada na praia de Rande, en Redondela

Publicado o 12/01/2020 14:40

Este é o artefacto que Ángel e o seu xenro Miguel atoparon entre as rochas dunha pequena cala nas inmediacións da praia de Rande e do Museo Meirande.

Contra ás dez da mañá e logo de alertar ao 112 foi retirada polos artificieiros da Policía Nacional que o están a analizar. Ten a punta enferruxada e unhas letras amarelas no corpo central. Segundo os testemuños iniciais podería ser unha granada morteiro. Aínda que aos lugareños parecíalles unha bengala de auxilio no mar.

A retirada do artefacto esta mañá xerou gran expectación entre estes veciños da pequena praia de Rande no termo municipal de Redondela.

Noticias web

12/01/2020