CRTVG

Buscar

Retencións no centro da Coruña por un tráiler atrapado no túnel de Juana de Vega

Publicado o 13/10/2020 15:25

Caos circulatorio esta mañá no centro da Coruña por mor dun camión de grandes dimensións que quedou atrapado no túnel de Juana de Vega.

O incidente mobilizou a Policía Local e os bombeiros, que tardaron case unha hora en poder liberar o vehículo. Para iso foi necesario baixar a presión dos pneumáticos e remolcalo.

Ao coincidir coa hora de entrada aos centros escolares, provocou retencións importantes na zona.

Noticias web

13/10/2020