CRTVG

Buscar

Retencións na AP-9 polo choque dun camión e un turismo en Ordes

Publicado o 18/12/2020 19:51

En Ordes, dúas persoas resultaron feridas de gravidade nun accidente na autoestrada. O sinistro ocorreu pouco antes das catro da tarde no km 39 da AP-9. Por causas que se descoñecen, un camión chocou cun coche que ía diante.

Os dous ocupantes do coche, un home e unha muller, tiveron que ser trasladados ao hospital. Ela foi en ambulancia. A el levárono nun helicóptero. O condutor do camión resultou ileso. O accidente provocou cortes de tráfico e retencións no carril sentido A Coruña.

A circulación desviouse a partir da saída do quilometro 41.