CRTVG

Buscar

Retencións na AG-11 por un accidente no concello de Boiro

Publicado o 28/11/2019 09:35
Retencións na AG-11 por un accidente no concello de Boiro

O accidente produciuse contra as nove da mañá na AG-11, no concello de Boiro. No accidente víronse implicados varios vehículos. De momento, só se sabe que ata alí se tiveron que desprazar unidades de emerxencia do 112, bombeiros e o 061.