CRTVG

Buscar

Respiro pola boa ocupación hoteleira en Galicia durante a ponte

Publicado o 13/10/2020 20:08

O bo tempo axudou a que moitas zonas de Galicia rexistraran unha boa afluencia de turistas durante a ponte do Pilar. Turistas de costa, como vimos en lugares como as Rías Baixas ou a Costa da Morte, pero tamén do interior, con protagonismo da Ribeira Sacra. Nestas zonas houbo aloxamentos que mesmo puxeron o cartel de completo. Empresarios do sector afirman que non agardaban unha afluencia tan elevada, significativa tamén en lugares como Lugo, que malia non celebrar este ano as festas do San Froilán logrou unha ocupación media do 75 por cento e días de aforo completo.

No lado negativo, os prezos este ano non son nin de lonxe os doutras campañas. Así que malia recoñecer que esta ponte supuxo un pequeno respiro logo de meses moi complicados pola pandemia, agora temen o que poida vir, sen turistas estranxeiros, sen viaxes do Inserso e con restricións de mobilidade cada vez máis importantes.

Noticias web

13/10/2020