CRTVG

Buscar

A policía rescata dous homes despois de roubar unha chalana

Publicado o 25/05/2020 13:48

Dous homes e un can tiveron que ser rescatados cando se afundía a chalana que roubaran no Náutico de Pontevedra. Cando viron que ían a pique alertaron a Policía Local e Nacional. Axentes de ambos corpos acudiron no seu rescate.

Estes individuos navegaban polo río Lérez na embarcación chea de buratos. Ao parecer subtraeran a embarcación no porto deportivo e dirixíanse a pescar robalizas. Os axentes ataron a chalana e arrastrárona ata a beira do río. Ambos homes foron detido polo roubo da embarcación.


 

Noticias web

25/05/2020