CRTVG

Buscar

Rescatan unha nena de 8 anos que fora secuestrada por un pedófilo

Publicado o 20/11/2019 15:45

Angustioso o momento en que a policía chega ao cuarto deste hotel dos Estados Unidos para rescatar unha nena de 8 anos. Tras varios intentos para entrar pola forza no cuarto e ante os golpes dos axentes, o sospeitoso abre a porta e sae medio espido. Os policías entran e rexistran todo o cuarto ata que dan coa pequena que estaba agochada nun caldeiro con roupa.

O operativo policial activárase tan só unhas horas antes tras o dramático rapto da pequena das mans da súa propia nai cando camiñaban pola rúa. A pesar dos berros da nai, o home consegue arrebatarlle a nena, metela no seu coche e fuxir. Foi un empregado do hotel o que alertaba da presenza do sospeitoso no establecemento ao identificar no aparcadoiro o vehículo que difundira a Policía.

O raptor é Michael Webb, un home de 51 anos con antecedentes penais por agresión sexual. Acaba de ser condenado polo secuestro a cadea perpetua.

Noticias web

20/11/2019

Máis sobre actualidade