CRTVG

Buscar

Rescatan un neno e dezaoito "scouts" en Manzanares

Publicado o 17/11/2019 12:18

O Grupo Especial de Rescate en Altura (GERA) dos bombeiros de Madrid rescatou un neno, que resultou ferido leve, e un grupo de dezaoito scouts, todos eles en bo estado, na Pedriza. O rapaz, de doce anos, formaba parte dunha excursión e tivo que ser recollido nunha padiola tipo percha ao sufrir unha luxación de xeonllo.

O grupo de scouts, de entre 11 e 14 anos, ía con cinco monitores, pero ao subiren á zona de Yelmo, na Pedriza, para baixar despois ao refuxio Giner de los Ríos, desorientáronse e acabaron nunha ladeira de 20 graos de inclinación cuberta de xeo e neve. Todos, en perfecto estado pero moi cansos.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/11/2019