CRTVG

Buscar

Rescatan un home de 50 anos que estaba flotando no río Coroño, en Boiro

Publicado o 29/07/2019 18:30

Rescatan un home de 50 anos que estaba flotando no río Coroño. Cando o sacaron da auga respiraba mal e estaba inconsciente. Voluntarios de Protección Civil levárono ao peirao de Escarabote, onde lle prestaron unha primeira asistencia. Agora está ingresado no Hospital Clínico Universitario de Santiago. A Garda Civil abriu dilixencias para investigar o que ocorreu.

Noticias web

29/07/2019