CRTVG

Buscar

Rescatan os catro tripulantes dun barco afundido en Porto do Son

Publicado o 23/05/2020 21:43

Rescatados os catro tripulantes dun barco de recreo que se afundiu esta mañá na costa de Porto do Son.
Así quedou a embarcación, case totalmente somerxida. Os seus catro tripulantes foron rescatados por outro mariñeiro, que cando regresaba a terra apreciou algo estraño no mar.

El só, conseguiu subir a bordo os catro tripulantes, unha tarefa que -asegura- foi complicada, xa que estaban sen folgos e con importantes síntomas de hipotermia. Salvamar levounos ata porto e de aí os dous máis graves foron trasladados ao hospital do Barbanza.

Noticias web

23/05/2020