CRTVG

Buscar

Rescatan o esquiador asturiano de 36 anos falecido nos Picos de Europa

Publicado o 25/02/2019 19:19

Os equipos de rescate conseguiron recuperar o corpo do home falecido onte mentres practicaba esquí de montaña nos Picos de Europa. A vitima, un asturiano de 36 anos veciño do Concejo de Cabrales, desapareceu este domingo pasado mentres esquiaba na parte cántrabra do Picos de Europa.

O corpo apareceu de madrugada e esta mañá o grupo de expertos da Garda Civil conseguiu recuperalo coa axuda dun helicóptero.

Noticias web

25/02/2019