CRTVG

Buscar

Rescatan na Coruña unha muller que estivo a piques de afogar na praia

Publicado o 26/01/2021 15:17

Susto na praia do Orzán, na Coruña, onde unha muller estivo a piques de morrer afogada. Por sorte, pasaba por alí un voluntario da Cruz Vermella que non dubidou en se tirar á auga.

A muller estaba aboiando boca abaixo na auga, preto das rochas, á altura desta fonte dos surfistas. Daquela, un home, voluntario de Salvamento Marítimo da Cruz Vermella, viu o vulto na auga, tirouse ao mar e, axudado por outra persoa, arrastraron o corpo ata a beira. Xa fóra, o home practicoulle unha manobra para facer presión sobre o peito da muller, que expulsou a auga pola boca e recuperou a conciencia.

Outra muller que se atopaba no areal foi quen chamou unha ambulancia. Tres sanitarios e axentes da Policía Nacional achegáronse ata alí para atender a muller. Despois foi trasladada polo 061 ao hospital por hipotermia.

 

 

 

Noticias web

26/01/2021