CRTVG

Buscar

Rescatados 56 inmigrantes en dous botes precarios ao sur de Gran Canaria

Publicado o 05/04/2020 09:49

Unha embarcación de Salvamento Marítimo rescatou 56 inmigrantes, entre eles un menor, que navegaban a bordo de dous botes en condicións precarias a máis de 150 quilómetros ao sur de Gran Canaria.
A bordo ían 39 homes, 16 mulleres e un neno, todos de orixe subsahariana, dos que se fixo cargo a "Salvamar Talía" que os trasladou ao porto de Arguineguín. As dúas embarcacións únense a outra con 29 persoas a bordo trasladada ao sur de Tenerife, o que fai un total de 85 inmigrantes chegados ás Canarias este sábado.

 

 

 

Noticias web

05/04/2020