CRTVG

Buscar

Repuntan os contaxios nos centros educativos e nas residencias de Galicia

Publicado o 21/01/2021 17:36
Repuntan os contaxios nos centros educativos e nas residencias de Galicia

A situación nas escolas infantís e centros de educación non universitaria de Galicia empeora co paso das xornadas, establecendo un novo récord de contaxios ata situarse nos 2.461, 219 máis que o anterior rexistro. Tamén seguen á alza as aulas obrigadas a gardar corentena, en total 103, 11 máis que onte.

Mantense invariable a cifra de centros pechados, seis, todos eles escolas infantís. Estas son as de Crecente, Forcarei e Pequenecos de Cuntis (Pontevedra); Viveiro (Lugo), A Pobra de Trives (Ourense) e PAI de Riós (Ourense). En canto aos centros con maior incidencia son xa 29 os que contabilizan dez ou máis casos, por 18 de onte. Os que máis casos aglutinan son o IES de Allariz con 23 e o IES Manuel Murguía de Arteixo, con 21. A

Soben a 422 os usuarios de residencias tras 53 novos positivos

O número de usuarios de residencias de Galicia diagnosticados de covid-19 experimenta unha repunta despois de rexistrarse 53 novos positivos, 12 deles nun gromo en Bande (Ourense), que elevan a 422 o total de residentes con enfermidade activa, 36 máis que hai 24 horas. Así figura no último balance ofrecido polas autoridades sanitarias este xoves, en que se contabilizan 53 novos casos que afectan unha ducia de residencias.

Política Social informa de tres novos gromos que afectan centros residenciais de maiores. O máis grande, polo momento, é o da residencia de Bande, que notifica 12 infectados; seguida por O Casón de Moeche, con 6 positivos; e Asunción de Caldas de Reis, que informa de 5 casos entre as súas residencias. Ademais, a residencia de Santa María de Verín notifica outros 8 casos e a Virxe da Clamadoira de Verín, 4 novos positivos. 

A DomusVi Ribeira continúa como a residencia con máis casos activos entre os maiores.