CRTVG

Buscar

O corpo de Pilar, a cooperante falecida hai sete meses en África, chega o venres a Galicia

Publicado o 05/11/2019 08:32

A familia de Pilar Martínez, a cooperante de Cangas que faleceu en Etiopía, recuperará o seu corpo o venres.

Sete meses despois do fatal accidente aéreo, a moza, de 32 anos, poderá ser soterrada na súa localidade, en Darbo.

No accidente do Boing 737, o 10 de marzo, morreran 157 persoas, non houbera superviventes. Era a primeira vez que Pilar viaxaba a África como cooperante.

Despois deste accidente, as autoridades aéreas de todo o mundo vetaron a aeronave.

Noticias web

05/11/2019