CRTVG

Buscar

Renuncia o presidente dos empresarios galegos 48 horas despois da súa elección

Publicado o 26/11/2020 19:54

• Hai dúbidas sobre a legalidade do proceso da CEG

Renuncia o presidente dos empresarios galegos 48 horas despois da súa elección

O presidente da confederación de empresarios de Galicia (CEG), José Manuel Díaz Barreiras, presentou a súa renuncia despois das "dúbidas manifestadas por asociados" que "poñen en dúbida a legalidade" das eleccións celebradas o pasado martes. En concreto, os asociados que se dirixiron á secretaría da CEG "poñendo en dúbida a súa correcta celebración" son Asime, Cegasal, Cece Galicia e a CEP.

Díaz Barreiros accedeu á presidencia tras renunciar á súa candidatura o aspirante Pedro Rey Beira, cinco minutos antes de iniciar a asemblea xeral electoral de forma presencial, pero unha vez que pechara xa a parte telemática e varios vogais emitiran o seu voto.

Noticias web

26/11/2020