CRTVG

Buscar

Renuncia o candidato de Podemos para as europeas

Publicado o 21/03/2019 15:14
Renuncia o candidato de Podemos para as europeas

Movementos tamén nas listas doutros partidos. O candidato de Podemos para as europeas renuncia.
O deputado Pablo Bustinduy, integrante do equipo de Errejón en Vistalegre, foi elixido en primarias como cabeza de lista ás europeas. Pero hoxe anunciou que renuncia tras unha decisión moi difícil, asegura, porque non se ve co ánimo nin coas forzas necesarias para asumir unha responsabilidade pública tan importante. Vaino substituír a xurista Rodríguez Palop.


 

Noticias web

21/03/2019