CRTVG

Buscar

Renfe non despachará billetes de tren en varias vilas de Galicia

Publicado o 28/12/2019 15:07

Nas estacións de Sarria, Burela, Viveiro, Ortigueira, O Carballiño, Ribadavia, Guillarei e Redondela

Renfe anuncia que a partir deste mércores vai deixar de despachar billetes nas estacións de Sarria, Burela, Viveiro, Ortigueira, O Carballiño, Ribadavia, Guillarei e Redondela. A partir do día primeiro de ano, os viaxeiros terán que sacar o billete a través de máquinas expendedoras ou no propio tren. A Xunta xa manifestou o seu desacordo con esta medida e reclama que se manteña como ata agora para garantir en igualdade de condicións a calidade do servizo a todos os cidadáns.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/12/2019