CRTVG

Buscar

Renfe adapta trens AVE para trasladar pacientes con coronavirus

Publicado o 02/04/2020 18:24

Renfe prepara varios trens AVE por se é preciso trasladar enfermos de COVID-19 dunhas comunidades a outras con prazas libres de UCI. Francia, a onde corresponden estas imaxes, xa o está facendo desde hai dúas semanas con doentes graves ante o colapso hospitalario nas rexións máis afectadas. Aquí Renfe confirmou que está retirando os asentos e adaptando trens de alta velocidade ao transporte sanitario. Calculan que en cada AVE poderían levar 18 doentes.

Noticias web

02/04/2020