CRTVG

Buscar

Remontada dun Burela que volve gañar tres xornadas despois

Publicado o 05/12/2020 11:46
Remontada dun Burela que volve gañar tres xornadas despois

O Burela Pescados Rubén volveu á senda da vitoria logo de tres xornadas sen facelo. Impúxose na pista do Ribera Navarra de Tudela por 1-2 cunha remontada no segundo tempo. 

Nun partido moi duro viu como os locais marcaban no minuto 12 grazas ao acerto de Dani Martín, un xogador que vestiu durante catro temporadas a camisola laranxa do Pescados Rubén. O Burela, malia ter o dominio do partido, era incapaz de superar a porta de Gus ata que no minuto 29 Jorge Matamoros anotou o empate. 

O partido puido caer para calquera dos dous lados pero foi o lucense Lucho (ex xogador do Ribera Navarra) o que marcou o gol do triunfo para os de Juanma Marrube a tres minutos do final.