CRTVG

Buscar

Rematou a Liga para o Obradoiro

Publicado o 20/04/2020 21:04

• Doce equipos loitarán polo campionato nunha única sede e non haberá descensos

Rematou a liga para o Obradoiro. A ACB acordou celebrar un final de liga inédito no que competirán os 12 primeiros equipos. O Obradoiro é decimocuarto, coas mesmas 9 vitorias e 14 derrotas có Joventut, decimosegundo, o último equipo que entrará nese playoff polo título.

"Os primeiros 12 equipos clasificados na liga regular. Montaríanse dous grupos de 6, competirían entre eles e a partir de aí serían dúas semifinais e unha final, ambos a partido único", explica Antonio Martín, presidente da ACB.

O torneo celebrarase nunha sede única. Na proposta aparecen Tenerife, Gran Canaria ou Andorra. Antes haberá 20 días de pretemporada nos que as autoridades deben se pronunciar sobre se a competición pode volver ou non.

A ACB manexa dúas datas límite: "O 31 de maio é a data que marcamos como data límite para termos esta información e podermos montar esta competición, a outra data límite por non agravar a situación da temporada 20-21 para finalizar como data límite esta competición sería o 10 de xullo", di Martín.

Tamén houbo acordo e por unanimidade respecto aos descensos, segundo o presidente: "A totalidade dos clubes ante a imposibilidade de finalizar a liga regular e despois de desputar só dous tercios da mesma e quedando 11 xornadas por se disputar entenderon que non debe haber descensos á liga LEB Ouro".

Noticias web

20/04/2020