CRTVG

Buscar

Remata o peche do estudantado de Medicina na USC

Publicado o 09/11/2019 10:14
Remata o peche do estudantado de Medicina na USC

Despois de catro xornadas de paro indefinido, na noite do venres ao sábado decidiron desconvocalo. Foi despois dunha longa xuntanza con responsables do reitorado, do decanato e dos distintos departamentos da facultade. O alumnado pedía que lle desen o visto e prace a un documento aprobado en asemblea cos cambios definitivos que queren facer na carreira.

O acordo final inclúe seis puntos que consideraban liña vermella nas negociacións. O goberno da USC emitiu un comunicado no que apoia de xeito incondicional o acordo e anuncia que a vindeira semana abrirán cos estudantes novos espazos de diálogo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí