CRTVG

Buscar

2019 remata co maior número de asasinatos machistas en catro anos

Publicado o 01/01/2020 11:05
2019 remata co maior número de asasinatos machistas en catro anos

Unha muller está hospitalizada en Castellón tras ser acoitelada en L´Alcora pola súa ex-parella, que se suicidou. 2019 remata co maior número de asasinatos por violencia machista dos últimos catro anos. 55 mulleres perderon a vida a mans da súa parella ou ex-parella. Tres desas vítimas do machismo morreron en Galicia, unha en Vilalba e dúas en Valga. As asociacións de vitimas e de mulleres feministas denuncian o incremento do discurso negacionista da violencia de xénero. Desde 2003 o machismo matou en España 1.033 mulleres.

Noticias web

01/01/2020