CRTVG

Buscar

Falamos con Heriberto García, director do IGVS sobre a nova Lei de Rehabilitación

Publicado o 22/05/2019 10:42

Dende hoxe, a Xunta poderá expropiar as vivendas que estean en estado ruinoso. Un dos obxectivos principais desta normativa é axilizar a tramitación para a recuperación dos centros históricos e núcleos rurais; todo, aproveitando o xa construído e impulsando a cultura da rehabilitación. 

Falamos con Heriberto García, director do Instituto Galego de Vivenda e Solo: "A lei pretende que tanto as administracións públicas como os particulares poidan rehabilitar dun xeito adecuado as vivendas que se poidan converter en sitios adecuados para vivir e que se consiga unha revitalización e reanimación das zonas en situación de deterioración".

Noticias web

22/05/2019