CRTVG

Buscar

O pai dun dos mozos desparecidos en Porto do Son agradece aos que colaboran na busca

Publicado o 15/07/2020 20:59

Xabier leva o día enteiro nunha lancha e nela continúa neste momento. Contounos que é esta a primeira vez que sobe nun barco.

Impresiona falar cun pai que está literalmente buscando no mar o corpo do seu fillo e o dun amigo do rapaz. Este é o noveno día despois do afundimento.

El asegura que xa desde o primeiro día perderon a esperanza de atopalos con vida. Non ten máis que palabras de agradecemento para todos os que están colaborando na busca.

Noticias web

15/07/2020