Redúcese o tráfico na AP-9 nun 68%
Publicado o 25/03/2020 16:35
As restricións de moblidade nótanse tamén nas autoestradas e no número de usuarios. Na AP-9 pasouse dos máis de 22.000 vehículos diarios de hai un ano aos pouco máis de 5.000 coches da semana pasada.
O Goberno poderá compensar as autoestradas que teñan unha baixada nos seus ingresos, ben autorizando subir nun 15% o tempo de concesión, ou ben modificando as cláusulas económicas.
A baixada do tráfico nesta autoestrada nótase aquí, na ponte de Rande, o tramo máis utilizado. Se hai uns meses esta era a súa estampa habitual, estes días o seu uso descendeu máis dun 68%.
Máis sobre actualidade
19/01/2021 22:01
19/01/2021 21:48