CRTVG

Buscar

Redúcese o operativo de busca no terceiro día sen noticias dos mozos que naufragaron en Porto do Son

Publicado o 09/07/2020 21:06

Os mergulladores da Garda Civil e de Salvamento Marítimo buscaron esta mañá, pero agora pola tarde xa non os vimos. Estivemos no mar, na zona onde se baralla que puido acontecer o suceso. Saímos navegar cos mariñeiros que atoparon o kaiak dos rapaces, levan colaborando na busca desde o primeiro momento. Din que seguirán buscando. As confrarías da zona preparan unha saída masiva para o vindeiro mércores, se non aparecen antes.

Navegamos ata illa Filgueira onde Juan, mariñeiro de Porto do Son, recuperou ese kaiak semiafundido.

De onde apareceu o kaiak ata a zona de costa onde foi rescatada a moza. Hai unha distancia dunha milla náutica aproximadamente. É a zona onde se centra a busca. Pero de momento, non hai novidades sobre os dous mozos desaparecidos.

Despois de tres días de busca, os efectivos do operativo diminúen. Pero vemos que continúa a vixilancia no mar. Tamén en terra. E, se non houbese novidades antes do mércores, os profesionais do mar da zona anuncian que sairán de xeito conxunto e coordinado ese día, o noveno despois do accidente.

Noticias web

09/07/2020