CRTVG

Buscar

Redúcense os sinistros de tráfico mortais

Publicado o 31/12/2019 14:10

Alejandro, o mozo de 19 anos que morreu nun accidente acontecido en Gondomar o domingo, foi o último falecido deste ano nas estradas galegas.

Con este sinistro, o número de vítimas mortais nas vías interurbanas da nosa comunidade ascende a 90, unha cifra aínda moi elevada, pero que esconde uns datos alentadores. Se se pecha así o 2019, serían 14 vítimas mortais menos ca o ano anterior, converténdose no segundo ano con menos mortos nas estradas de toda a serie histórica e a cuarta vez que se baixa dos 100 falecidos.

Este descenso da sinistralidade mortal tamén é extensible ao resto do Estado. A 17 de decembro o número de falecidos nas estradas españolas ascendía a 1.053, 95 menos ca no 2018. Un descenso das mortes do 8% que a DXT atribúe á redución da velocidade máxima permitida nas estradas secundarias de 100 a 90 quilómetros por hora. Este tipo de vías concentran o 69% dos accidentes mortais.

Noticias web

31/12/2019