CRTVG

Buscar

Reducen o home que levaba 18 horas atrincheirado coa súa parella en Barcelona

Publicado o 14/04/2019 16:06

Os Mossos d'Esquadra lograron reducir sobre as oito da mañá deste domingo o home que levaba 18 horas atrincheirado no seu domicilio do Eixample ameazando con lesionarse. Tiveron que negociar durante máis de 15 horas con esta persoa, que sofre brotes de esquizofrenia e que se atrincheirara coa súa parella nun piso do centro de Barcelona. O suceso comezou ás dúas e media do sábado nunha vivenda da rúa Rosselló, en plena cidade condal.


Durante o tempo que durou a negociación os Mossos cortaron a subministración do gas e a circulación do tráfico, limitando o acceso dos veciños ao inmoble ante o temor de que o individuo fixese uso dalgunha arma de fogo.

Noticias web

14/04/2019