CRTVG

Buscar

Redondela celebra o Corpus Christi cunha festa da Coca diferente

Publicado o 11/06/2020 14:07

Este xoves, día do Corpus Christi, é unha data sinalada en moitas vilas. Unha delas Redondela, onde as circunstancias que atravesamos obrigaron a cambiar as tradicionais alfombras florais por unha de papel.

Así comezou todo, os alumnos de cuarto de ESO do IES Pedro Floriani fixeron case cinco mil pezas coma estas para configurar unha alfombra do Corpus. Foi idea do seu profesor de matemáticas, gran afeccionado da papiroflexia e do origami. Comezaron a principios de ano e ía ser unha actividade máis do Corpus. Agora convertéronse na estrela da festa.

O tapiz final reúne horas de traballo de todos estes rapaces que comezaron antes do confinamento.
Aínda que a festa tradicional estaba suspendida na teoría, ao longo da mañá houbo algunha sorpresa como esta alfombra floral na contorna da igrexa e a presenza dos cabezóns nos balcóns do Concello e a actuación da banda de música. Un Corpus diferente que queda xa para a historia.

Noticias web

11/06/2020