CRTVG

Buscar

Redondela celebra esta fin de semana o I Festival de Big Bands de Galicia

Publicado o 01/02/2020 10:50

A agrupación musical Xingro's Big Band e a Orquestra de Saxos son as encargadas de organizar este primeiro festival internacional de Big Band de Redondela. Polas mañás hai charlas, master class e concertos didácticos para escolares, e desde as oito da tarde os espectadores poden gozar dos concertos nos que participa a Big Band de Teruel, a River AA de Holanda e a Xingro's Band. 

A Xingro's Big Band quere dar a nota. O swing é o piar fundamental desta formación, que nace en Redondela no 2015 co nome co que chamaban en barallete aos músicos, como di Xosé Pérez. Hoxe en día, xa consolidada, queren dar o salto internacional cun festival en que tamén participan a River AA dos Países Baixos, e a Big Band de Teruel, que, para isto, si que existe.

A Orquestra de Saxos tamén colabora neste Festival Big Band de Redondela, única vila galega cun conservatorio profesional de música asociado á Unesco desde 2018. De seguro que, polo módico prezo de dous euros, colgarán o "non hai billetes" ata o domingo. O que si prometen é moita e boa música.


 

Noticias web

01/02/2020