CRTVG

Buscar

Redondela amence alfombrada de flores no día do Corpus

Publicado o 20/06/2019 14:30

Poucas localidades hai en Galicia que conserven o Corpus en xoves. Unha delas é Redondela que celebra a tradicional Coca. Unha festa ancestral que inclúe o desfile do mítico dragón e o baile das penlas e das burras.

As rúas de Redondela amencen este día de Corpus alfombradas de flores para o paso do Santísimo. Pero en Redondela os nenos tamén gozan coa Coca, o mítico dragón que devoraba as mozas da vila.
Outro dos reclamos desta festa única é o baile das pequenas penlas sobre as burras e a danza das espadas.

A vila continuará de festa toda a fin de semana; aínda que é das poucas vilas que conserva a celebración o xoves, o día clásico do Corpus.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/06/2019