CRTVG

Buscar

Redada antidroga en Andalucía con 66 detidos e 7.000 quilos de haxix comisados

Publicado o 18/02/2019 20:10

66 detidos e 7.000 quilos de haxix comisados en dúa operacións da Garda Civil de Andalucía. Os axentes rexistraron varios domicilios en Huelva, Cádiz, Sevilla e Málaga. Ademais da droga, incautáronse de tres embarcacións, coches e armas. Con estas operacións, en que participaron 300 axentes, quedan demostradas as conexións entre organizacións criminais asentadas no campo de Xibraltar con outras asentadas no río Guadalquivir e na costa de Huelva.


 

Noticias web

18/02/2019