CRTVG

Buscar

Recuperan a castaña para a marca de produtos locais O Irixo

Publicado o 30/10/2020 15:26

A marca O Irixo busca activar a economía do concello ourensán coa venda dos seus produtos locais. Comezan coa castaña, un recurso que ata o de agora quedaba abandonado no chan.

O pavillón do Irixo transformouse este outono nun gran sequeiro onde seleccionan, secan e pelan as castañas que traen os veciños. Levaban moitos anos sen apañalas, pero a 1,20 o quilo a cousa cambia.

Gloria Bernárdez, técnica da marca O Irixo.
Felisa Munín, veciña do Irixo.

Moerán as castañas nun muíño tradicional, esa fariña será o primeiro produto en lucir a marca O Irixo. O distintivo porase tamén noutros produtos feitos no concello, desde iogures ata paraugas, que se venderán nunha tenda online.

Gloria Bernárdez, técnica da marca O Irixo.
Manuel Cerdeira, alcalde do Irixo.

Queren dinamizar a economía do Irixo a partir duns sabores únicos, agora con marca propia.

Noticias web

30/10/2020

Máis sobre O Irixo