CRTVG

Buscar

Recta final da campaña nos EUA

Publicado o 01/11/2020 14:46

En máis de 35 estados, incluídos algúns determinantes como Texas, Florida ou Míchigan, xa votaron máis da metade dos electores rexistrados. A votación anticipada acada cifras récord, 90 millóns de persoas votaron xa, son máis da metade dos electores que acudiron ás urnas hai catro anos, o que demostra a importancia que lles deron os cidadáns a estes comicios.

Este mozo de Míchigan di que vota por Donald Trump non pola súa personalidade senón polas políticas que representa.
E esta enfermeira de Ohio vota por Biden porque ten experiencia política e porque cre que pode volver unir o país.

A campaña entrou na fase decisiva con xornadas maratonianas para os aspirantes, Donald Trump e Joen Biden, que nos últimos día está recibindo o apoio do expresidente Obama. As sondaxes dan unha liexeira vantaxe ao candidato demócrata, pero o actual presidente lembraba en Pensilvania, un dos estados decisivos, que xa lle pasou o mesmo hai catro anos. Tump non cre que un candidato que está en contra do petróleo, das armas e de Deus consiga os 20 votos electorais deste estado. A tres días das eleccións a xestión da pandemia, que avanza descontrolada, segue enfrontando os dous candidatos.

"Covid, covid, covid, estamos dacordo, en serio, fixemos un traballo incrible e nalgún momento o recoñecerán", di Trump.

O aspirante demócrata acusa a Trump de minusvalorar unha pandemia con nove millóns de casos confirmados e máis de 230.000 mortes.

"Un novo récord de casos, 90.000 casos novos, 500.000 na última semana, este tipo di que vai desparecer, o único que o fará desaparecer é que el desapareza", di Biden.

Nesta campaña marcada pola pandemia, a maioría dos actos de Joe Biden foron en coches ou con audiencias reducidas. Trump optou por mitins masivos onde non se mantiña a distancia e a máscara non era obrigatoria.

Noticias web

01/11/2020