CRTVG

Buscar

As 'marchas pola liberdade' conflúen en Barcelona na xornada de folga contra a sentenza do 'procés'

Publicado o 18/10/2019 17:12

• Cinco masas de manifestantes colapsan a capital de Cataluña

 Cargas contra estudantes ante a Xefatura de Policía en resposta a unha choiva masiva de obxectos | DIRECTO

Os piquetes inauguraron a xornada de folga, convocada polos sindicatos independentistas, que dende cedo se deixou notar nas estradas: unha vintena permanecía cortada a primeira hora. Entre elas as autoestradas que cruzan Cataluña, e mesmo a fronteira con Francia na Jonquera. Barcelona é hoxe unha cidade case sen tráfico: os manifestantes cortaron as principais arterias, como a Gran Vía ou a Diagonal.

Tamén cortaron de forma intermitente a circulación ferroviaria, pero os servizos mínimos funcionan con normalidade, ao igual que o metro. No aeroporto do Prat conceláronse só 55 dos mil voos previstos. Os hospitais non viron alterado o seu funcionamento habitual. Pero a chamada folga de país si se deixa notar no comercio e na actividade industrial. Seat interrompeu a súa actividade en Martorell, mentres que Nissan operou con normalidade na Zona Franca.

Nas universidades públicas o seguimento é masivo, e a actividade cultural reduciuse ao mínimo. A Sagrada Familia pechou as súas portas pola presión dun cento de manifestantes, convocados por Picnic pola república.

Ao seu paso pola praza de Sant Jaume, varios manfiestantes increparon a deputada do PP por Barcelona, Cayetana Álvarez de Toledo.

O seguimento é inferior ao 50 %, salvo na universidade e o comercio

A folga xeral convocada hoxe en Cataluña rexistra un seguimento inferior ao 50 % na maioría de sectores, como a función pública (30,39 %), o ensino público (43 %) ou a sanidade pública (26,3 %) salvo na universidade e o comercio, onde se rexistraron seguimentos do 90 % e de entre o 60 e o 80 %, respectivamente.

O conselleiro de Traballo da Generalitat, Chakir El Homrani, fixo este balance da incidencia que tivo ata as 12:00 horas a folga xeral convocada en Cataluña.

No ensino privado, o seguimento é do 26 %, do 35 % na concertada, mentres que no transporte público a maior afectación deuse no metro, cun 36 % de seguimento, á vez que a Generalitat non facilitou datos da industria, aínda que o consumo enerxético se reduciu un 10,11 en relación ao rexistrado onte. 

12:36

Centenares de independentistas bloquean os accesos á Sagrada Familia

Centenares de independentistas bloquean os accesos á Sagrada Familia

11:32

Os cortes viarios alteran a mobilidade no arrinque da folga

Os cortes viarios alteran a mobilidade no arrinque da folga

11:23

As "Marchas pola liberdade" chegan hoxe a Barcelona en plena folga xeral

As "Marchas pola liberdade" chegan hoxe a Barcelona en plena folga xeral

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/10/2019