CRTVG

Buscar

Recoñece a autoría do crime pero tenta exculpar o cómplice acusado de despezar e queimar o cádaver

Publicado o 06/11/2019 15:17

Tres anos despois do crime, o principal acusado da morte dun mozo en Rivas-Vaciamadrid recoñeceu a súa autoría. O sorprendente é que agora tamén tenta exculpar o presunto responsable de queimar e facer desaparecer o cadáver.

Na Audiencia Provincial de Madrid, un xurado popular tenta aclarar o macabro crime dun mozo de 27 anos ocorrido en 2016. Na súa comparecencia diante do tribunal, o principal acusado do caso recoñeceu por primeira vez ser o responsable da morte do seu amigo.

"Recoñeceu que esa morte se produciu pola grave afección ás drogas tanto del coma da vítima, di o seu avogado", Ismael García Gamboa.

"En absoluto é crible, e por iso acusamos dun delito de asasinato porque non lle deu opción de se defender", replica Jaime Sanz de Bremond, avogado da acusación particular. 

Á parte da intencionalidade ou non da morte, está por ver o papel dos outros tres acusados, en especial do coñecido como Paco el Loco. Considérano responsable de despezar e queimar o cadáver, pero agora na súa declaración o principal acusado excúlpao. 

"Haberá que preguntarse por que, de repente, agora todos intentan exculpar a Farncisco Gomar, Paco el Loco; eu non sei se é por medo", cuestiona Sanz de Bremond.

"Que me deixen en paz!", dille Paco el Loco aos xornalistas que tentan que responda ás súas preguntas xusto antes de entrar no edificio da Audiencia Provincial de Madrid para declarar no xuízo. 

Noticias web

06/11/2019