CRTVG

Buscar

Recoller cogomelos: observación, precaución e desbotar aquel co que se teñan dúbidas

Publicado o 15/10/2020 22:13

Como presidente da Asociación Micolóxica Viriato de Ferrol, Manuel coñece ben boa parte dos cogomelos que se atopan no solo galego. No monte di que o primeiro é a observación. Mais ás veces non abonda unha ollada para identificar que fungo podemos ter entre as mans.

Dentro do seu labor divulgativo, desde a asociación recomendan que nas primeiras saídas ao monte se vaia sempre acompañado de alguén con experiencia e coñecementos en micoloxía, e ante calquera dúbida desbotar a cogomelo.

O outono é a temporada micolóxica por excelencia, pero Manuel defende que calquera mes do ano é bo para ir ao monte na procura de cogomelos.

Noticias web

15/10/2020