CRTVG

Buscar

Recibe unha malleira por defender unha muller que estaba a ser agredida pola súa parella

Publicado o 18/02/2020 20:23

Raúl, o mozo de Murcia que recibiu unha malleira por defender unha muller que estaba sendo agredida pola súa parella, terá que pasar polo quirófano Os golpes provocáronlle derramos oculares e terá que ser operado. Sucedeu o sábado á saída dunha discoteca. A vítima viu unha parella que discutía e axiña escoitou berros e golpes. Pediulle ao agresor que parara, pero el respondeulle que non se metera en asuntos de parella, e nese momento bateu a cabeza da muller contra unha furgoneta. Raúl insistiu en que a deixara, pero recibiu unha malleira como resposta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/02/2020