CRTVG

Buscar

Rebentan a porta dun café compostelán e levan 600 euros

Publicado o 15/10/2020 12:54

Por se a baixa no negocio da hostelería debido á pandemia fose pouca, veñen os ladróns para minar máis os ánimos.

Unha imaxe da videovixilancia mostra o roubo que sufriu o café Literarios, en Santiago. Un individuo, probablemente acompañado doutro fóra do local, rebentou a porta do bar e en en cuestión de 30 segundos arramplou cos 600 euros da caixa e cunha tableta.

Foi na mesma madrugada, a do luns pasado, en que asaltaron ou intentaron roubar noutros establecementos composteláns na zona vella e no Ensanche.

Noticias web

15/10/2020