CRTVG

Buscar

Reaparece nun vídeo o líder do Estado Islámico

Publicado o 29/04/2019 21:41

Reaparece por primeira vez en 5 anos o fuxitivo máis buscado do mundo. Abubaker al Bagdadi, líder do Estado Islámico, déixase ver nun vídeo publicado pola axencia xihadista Alfurqan, fonte de propaganda do ISIS.

A gravación difundiuse a través de Telegram e a súa autenticidade aínda non puido verificarse. Nin os servizos sercretos rusos nin os dos Estados Unidos conseguiron dar co seu paradoiro. Para confirmar que segue con vida, Al Baghdadi fai referencia a acontecementos recentes, como os atentados de Sri Lanka.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/04/2019