CRTVG

Buscar

Reactívase a busca dos dous mozos desaparecidos hai 9 días en Porto do Son

Publicado o 15/07/2020 16:19

Desde primeira hora da mañá a Salvamar Regulus rastrexa a zona comprendida entre punta Castro e a praia de Coira na busca dos corpos Miguel Quan e Javier Hurtado, cando se cumpren nove días da súa desaparación tras envorcar o kaiak en que saíran ao mar. Unha data a partir da cal se agarda que poidan saír á superficie.

Xunto a Salvamar Regulus, a embarcación do servizo de Gardacostas María Pazos, de Porto do Son, a zodiac de Protección Civil de Noia percorrendo a zona máis costeira, persoal por terra e o helicóptero Helimer 213 rastrexan o interior e a boca da ría.

Tamén se uniron á busca dous cerqueiros e varias embarcacións particulares de recreo, así coma barcos da confraría de Noia e de Porto do Son.

Unha busca que se ve dificultada polo vento de nordés, que complica que embarcacións pequenas que queren apoiar o dispositivo poidan facelo.
Un nordés forte que soprou durante as dúas últimas semanas e que mantén as augas frías, unha circunstancia que pode atrasar a saída á superficie dos corpos.

Esta tarde uniranse ao dispositivo o Helimer 401 e, se o vento o permite, os socios das confarías de Noia e Porto do Son co obxectivo de rastrexar a zona máis ampla posible na busca dos dous mozos.

Noticias web

15/07/2020