CRTVG

Buscar

Reaccións tras o cesamento de Álvarez de Toledo como voceira parlamentaria do PP

Publicado o 18/08/2020 09:18

O presidente do PP comunicoulle a Álvarez de Toledo o seu cesamento nunha conversa de máis de dúas horas da que ela deu a súa versión ante os medios. Cre que o detonante foi unha entrevista que concedeu esta fin de semana, con algunhas declaracións que se apartaban da liña do partido
Non comparte os motivos nin a decisión. Agora aínda ten que decidir se deixa tamén o escano.
A súa substituta será a actual vicesecretaria de Política Social, Cuca Gamarra, que agradecía a confianza de Pablo Casado.

Á súa vez, o cargo que deixa ela, será ocupado por Ana Pastor, que tamén transmitiu a súa lealdade ao líder do PP e di que sente orgullo de pertencer ao partido.

Ademais, Casado crea un novo cargo, voceiro nacional para José Luís Martínez-Almeida, o alcalde de Madrid. Dixo que agarda estar á altura en momentos tan transcendentais para España.

Todos os cambios se interpretan como unha aposta por posicións máis moderadas. Vanse aprobar no máximo órgano do partido, a xunta directiva nacional, que se reúne pasadomañá.

Noticias web

18/08/2020