CRTVG

Buscar

Reaccións no Congreso á posible composición da Mesa

Publicado o 14/05/2019 15:16

Nesta nova xornada de acreditacións no Congreso, fontes próximas ás negociacións dan case por pechada a repartición dos 9 postos da Mesa: os socialistas terían tres representantes e Unidas Podemos, dous, igual que o PP e Ciudadanos, dous cada un. O bloque de esquerdas sumaría, polo tanto maioría e quedaría descartado dar entrada a outros grupos como Esquerra ou o PNV.

E respecto á composición do Senado, segue sendo firme a intención do PSOE de colocar a Iceta na presidencia e mesmo advirten con chegar ao Constitucional se os grupos lles poñen trabas no pleno do xoves no Parlamento catalán.

Por agora só ten asegurado o apoio dos Comunes, a marca de Podemos en Cataluña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/05/2019