CRTVG

Buscar

Reaccións das distintas partes á liberdade provisional dos culpables do crime da Esmorga

Publicado o 09/05/2019 14:40

As bágoas de alegría de Paula tras escoitar o veredicto que declaraba culpable os asasinos do seu fillo tornáronse ás poucas horas en bágoas de incomprensión.

Di que atopalos pola rúa, libres, foi o máis duro durante os máis de 4 anos que estivo agardando un xuízo. Unha agonía que agora se alongará.

A maxistrada argumenta a súa decisión na xurisprudencia que existe no Tribunal Constitucional. Considera que o risco de fuga non pode determinarse só pola gravidade das penas ás que se enfrontan, por iso decidiu deixalos en liberdade provisional con comparecencias quincenais.

A acusación particular que esta mañá aínda non recibira o auto, estuda recorrer contra a decisión da xuíza de deixalos en liberdade ata que haxa unha sentenza firme, que pode tardar varios anos. Lembremos que os dous acusados foron declarados culpables de asasinato con aleivosía, polo que se enfrontan a penas de ata 17 anos de prisión.

Noticias web

09/05/2019