CRTVG

Buscar

Reabre a hostalería con incerteza en moitos puntos de Galicia

Publicado o 03/12/2020 21:37

• Consulta as condicións do inicio da desescalada no DOG

Despois dun mes case ás escuras volve haber luz no interior dos restaurantes. O de hoxe foi un día de limpeza e preparativos. Prepáranse para unha volta desexada e necesaria. Con limitacións, pero con moitas ganas.

E tamén incerteza. A pandemia está a mudar os hábitos e a mudalo todo. A reapertura chega ás portas dunha ponte festiva pero diferente e, por se fora pouco, con non moi boas perspectivas de tempo.

Unha normalidade da que recoñecen estar moi lonxe. Dependendo do lugar, as limitacións son diferentes. Con todo, o maior temor é que despois do Nadal volva un novo peche.

O sector da hostalería foi un dos máis afectados pola pandemia. Agora agarda poder acender a luz definitivamente.






 

Noticias web

03/12/2020