Reabren os cemiterios en Cambados, despois de levar máis de mes e medio pechados
Despois do mes e medio pechados, en Cambados reabríronse os cemiterios para que os seus veciños poidan visitar os seus seres queridos.
Conchita, aos seus 80 anos, facíao por primeira vez. Non era a única. Outros veciños rompían este martes o seu confinamento tras días de encerro na casa aproveitando as horas permitidas ao paseo.
Levaban pechados dende que se decretou o estado de alarma. Así que estes días toca limpar e restaurar as desfeitas causadas polo vento e o paso do tempo. Iso si, matendo as distancias e ben equipados con luvas e máscaras.
Cambados é o primeiro concello do Salnés que adopta esta medida. Nalgunhas parroquias pequenas da contorna os cemiterios non se pecharon. Aínda que a presenza de visitantes foi testemuñal. Moitos concellos abriranos de forma gradual. Outro pasiño para recuperar pouco a pouco a normalidade.